A exministra de Traballo, Fátima Báñez, puxo en valor esta mañá a xestión do Goberno do PP, que permitiu a recuperación económica do país e mellorar o poder adquisitivo dos pensionistas, así como mellorar a calidade de vida de persoas con discapacidade. Así o puxo de relevo a popular durante os encontros que mantivo con pensionistas de Vilalba e, posteriormente, en COGAMI, e nos que estivo acompañada do cabeza de lista ao Senado, José Manuel Barreiro, e dos candidatos ao Congreso, Jaime De Olano e Joaquín García Díez.
“Grazas á inxección de 3.000 millóns do Estado dentro dos mecanismos de pago a provedores posibilitamos a supervivencia e viabilidade das entidades sociais que atenden ás persoas máis vulnerables. Proporcionamos seguridade xurídica coa Lei Xeral de Dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social. Tambiénhemos dado un forte impulso á xeración de emprego para este colectivo. Tal é así que, en España, o emprego entre persoas con discapacidade aumenta o triplo que entre a media nacional. En concreto, a afiliación crece a un ritmo do 9%”, explicou á directiva, traballadores e usuarios de COGAMI.
A popular reivindicou así o traballo levado a cabo durante o mandato do PP, e que permitiu que “saísemos da peor crise dos últimos 50 anos e que este país dese a volta a pesar da situación que nos deixou o goberno da esquerda. Mariano Rajoy, e así debemos dicilo, puxo España en marcha”. Proba delo, destacou, é que durante os anos de mandato do expresidente creáronse 500.000 empregos en cada exercicio; o que supuxo un crecemento do 3%. Foi esta unha senda positiva que, en palabras de Báñez, “está a poñerse en risco coa ameaza da subida dos impostos” e o que está a provocar que, “en dez meses Lugo creza a metade do que o facía con Rajoy”.
A este respecto, Báñez destacou que, “lamentablemente, a xente volve ter incerteza. Así se demostra nas enquisas, nas que o 62% dos enquisados din que a súa maior preocupación é o paro e o 57% que a economía vai a peor”, precisou.
Con todo, a exministra sinalou que “estamos a tempo de reconducir as cousas se a partir do 28 hai un Goberno do PP”. “Fixémolo con anterioridade, creando un sistema de pensións universal do que debemos de estar orgullos. E é que somos, de toda a Unión Europea, o país coas prestacións máis altas en función do último salario cando se traballa. Incluso outros países importantes están a aplicalo despois dunha entrevista que os dirixentes asiáticos mantiveron connosco no ano 2013”, remarcou.
“Dúas veces gobernaron os socialistas e deixaron o sistema en bancarrota. Nós subimos as pensións desde 2012. En 2013 desenvolvemos a lei para blindalas, deixando todo encamiñado para que, en 2018-2019, suban un 3% as mínimas e 1,6% as outras. É dicir, en Lugo subiron un 19% de media desde o ano 2012”, defendeu.
Ademais de establecer unhas prestacións “máis xustas”, tamén se deu unha oportunidade, segundo Báñez, ás viúvas, pois estas “hoxe teñen un 15% máis cando sexubilan”; unha medida da que se benefician 500.000 mulleres en España e 4.500 en Lugo e que se verá incrementada nun 2% co programa presentado por Pablo Casado.
“Por tanto, non é o mesmo que gobernemos uns a que o fagan outros. O PSOE quere pactar cos que queren destruír o pacto social máis importante da democracia, o Pacto de Toledo, e que queren romper España. Con todo, o PP non só o puxo en marcha senón que inclúe medidas concretas para seguir aumentando as prestacións dos pensionistas”, concluíu a exministra.
Abr 24, 2019 - 01:12 AM
Esta tamén lle da a drogaína?
Abr 23, 2019 - 07:33 PM
Claro , claro , te lo dijo la virgen del Rocio ¿ no ?
Abr 23, 2019 - 06:37 PM
Mira que son bocachanclas todos estes