O secretario de Estado de Enerxía durante o último mandato de Mariano Rajoy e actual secretario de Economía do Partido Popular, Alberto Nadal, explicou hoxe, acompañado de Ramón García Cañal, deputado por Asturias e membro da Comisión de Enerxía, e de Jaime de Olano, cabeza de lista ao Congreso por Lugo, a candidatos, concelleiros voceiros do PP da Mariña a importancia de que o 28 de abril o partido gañador sexa o PP, pois só así se garantirá a supervivencia de Alcoa; a principal empresa da provincia.
Concretamente, o exsecretario de Estado, que acudiu á Mariña convidado por Olano ante a “enorme preocupación” que xa trasladaron en diversas ocasións dende o PP polo mantemento da planta de San Cibrao, e participou activamente nas políticas impulsadas a este efecto polo Executivo de Rajoy, afirmou con rotundidade que “este domingo o sector industrial e o electrointensivo xógase a súa supervivencia. Se gaña o PP, temos unha esperanza. Se gaña Sánchez, o sector industrial levantará o voo”.
Fronte a outras forzas políticas, segundo explicou Nadal, o Partido Popular ten unha folla de ruta clara e plantexa varias solucións inmediatas que paliarían a forte crise que atravesa a fábrica mariñana e o sector en xeral. Segundo Nadal, “a opción que mellor acepta a Comisión Europea é a que poñen os alemáns encima da mesa e esta pasa por dar subvencións ás industrias, superando mesmo eses 150 millóns que deixamos proxectados”. Por iso, se o PP regresa ao Goberno o primeiro que fará será “crear un decreto lei para mellorar o presuposto do 19 e axudar ás empresas electrointensivas e así evitar a fuga de carbono de forma inmediata”.
En segundo lugar, advertiu Nadal, cómpre abordar o tema fiscal, de tal xeito que habería que elevar a bonificación do imposto que pagan as consumidoras, eliminar a taxa de xeración establecida nun 7% do total que producen e, terceiro, aplicar descontos no pagamento que fan polo CO 2 , ademais doutras actuacións a medio prazo.
“Ou o facemos xa ou a supervivencia vai ser imposible. Para que un investidor compre e invista ten que haber un horizonte a longo prazo. Ten que haber un sinal claro e inequívoco coas empresas como é Alcoa. Nos 10 meses de Sánchez houbo ES en todo o sector industrial. Pola contra, dentro do Goberno do PP había unha unidade de criterio. Isto o esta liderando o ministerio de Industria e a ministra non está en ningún sitio. Queda claro que este domingo o sector industrial e electrointensivo xógase a súa supervivencia”, insistiu.