O Voceiro municipal, Miguel Fernández xunto a un representante da Asociación de Hostaleiros de Fontiñas, Antonio Rodríguez, presentaron esta mañá unha nova programación da Feira Medieval de Fontiñas, que nesta oitava edición consolídase na axenda cultural primaveral de Lugo. Celebrarase esta fin de semana, o venres 26, sábado 27 e domingo 28 de abril, tanto na Praza do Camiño Primitivo como na propia avenida. No acto tamén estivo presente o responsable da empresa organizadora do evento, Anxo Fernández.
Na presentación, Fernández puxo o acento no “caracter emprendedor de Fontiñas”, ao tempo que destacou o bo facer dos hostaleiros que desenvolven esta iniciativa, que “ademais de devolvernos á nosa historia, constitúe oportunidade para dinamizar e xerar actividade económica no barrio”. Para rematar, o voceiro convidou á
veciñanza a regresar á Idade Media con diversas actividades, “moi de agrado para todas as persoas visitantes”.
Pola súa banda, Antonio Rodríguez agradeceulle ao Concello a axuda e as facilidades para poder celebrarse unha vez máis esta cita, á que lle augurou moito éxito. Tal e como explicou Anxo Fernández, a VIII Feira Medieval de Fontiñas contará coa asistencia duns 60 postos, tanto de Lugo como doutras provincias galegas e incluso de fóra de Galicia. Arrincará o venres, ás 18:00 horas, coa apetura dos postos de artesanía, alimentación e produtos varios, así como a apertura do recuncho infantil, que conta cun tiovivo, un barco medieval e a cama elásticas; a ludoteca e o rincón medieval, con catapulpa, onde se poderán facer fotos.
Posteriormente, a banda de gaitas Son de Lugh ambientará o feiral. O sábado, o mercado cobrará vida a partir das 11:00 horas. Mónica Atómica e Lucus Medieval amenizarán a feira antes do pregón, que se celebrará ás 14:00 horas na Praza do Camiño Primitivo, a cargo do Deputado Provincial, Álvaro Santos. Cetretría, lume e malabares completan a programación, que se desenvolverá ata o domingo ás 23:00 horas.
Abr 25, 2019 - 02:35 PM
Moito medioevo!!!