O candidato de Cidadáns ao Congreso pola provincia de Lugo, José Manuel Blanco, pediu esta mañá aos habitantes da provincia de Lugo “que non se resignen a seguir igual catro anos máis” e invitou a todas as persoas que ata agora confiaron o seu voto “aos vellos partidos”, a votar a Cidadáns “para que as cousas cambien”.
“Cidadáns é o único partido capaz de sacarlle un deputado na provincia de Lugo ao PP e ao PSOE, polo que Cs é o verdadeiro voto útil en Lugo para que as cousas cambien”, asegurou José Manuel Blanco, quen engadiu que”Cidadáns está moi cerca de lograr un deputado en Lugo e de nada serve lamentarse o luns de ter quedado a 200 votos de conseguir o deputado de Cs por Lugo”, polo que pediu “un último esforzo de mobilización e apoio a todos os que queiran un cambio en Lugo e en España”.
No último día de campaña, José Manuel Blanco, actual xefe provincial da Confederación Hidrográfica en Lugo, acudiu ao río Miño xunto aos seus apuntes da carreira de Enxeñería de Montes, que cursou no Campus de Lugo, e os da oposición para o corpo de Enxeñeiros de Montes do Estado, oposición que aprobou no ano 2008 e para a que había só dúas prazas para toda España, para simbolizar “a política do esforzo e do traballo que representa Cidadáns” fronte aos que acoden á política “simplemente a ocupar un posto e beneficiarse del sen importarlles o máis mínimo os cidadáns e a provincia que representan”.
“A min, igual que ao resto das persoas que formamos Cs Lugo, ninguén nos regalou nada, sempre tivemos que loitar por saír adiante, estudar, traballar, poñer en marcha un negocio ou sacar unha oposición, igual que fai o resto de familias en Lugo. Por iso, toda esa xente traballadora non se sinte representada polos políticos do PP e do PSOE que van ao Congreso e ás institucións a atornillarse ao sillón”, dixo.
Ademais dos apuntes da oposición e da carreira, o candidato de Cidadáns fotografouse con libros que definen a súa personalidade e a súa forma de ser, como libros de historia de Lugo e de Galicia, un exemplar de A Galicia Campesiña, do lucense Benxamín Casal, ou unha Biblia. José Manuel Blanco é natural do Courel, onde preside a asociación cultural San Xoán e é crente.
Abr 26, 2019 - 10:03 PM
Hay que votar a Podemos
Abr 26, 2019 - 07:36 PM
Xa traduciron o nome al dialecto cidadans …non sei se insultar o idioma e sustituir …
Abr 26, 2019 - 07:27 PM
Xo que dices home, se sodes a muleta dos dous.