A alcaldesa presenta o anteproxecto de creación de sete caldas no Miño

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou hoxe aos grupos políticos da Corporación o anteproxecto para a execución de sete caldas na contorna do río Miño. Fíxoo no marco dunha xuntanxa da Comisión de Seguimento do Muramiñae que se celebrou esta mañá.

Con esta acción dotarase á cidade de Lugo de sete piscinas de auga quente non medicinal por xeotermia e se enmarca na estratexia DUSI de Lugo, cofinanciada ao 80% con fondos FEDER.

As 7 piscinas deseñadas (5 de auga quente e 2 de auga fría) serán de acceso público e non afectarán ao caudal do Miño, xa que as augas que se empregarán serán da traída. Propóñense caldas integradas e nada invasivas coa contorna, respectuosas co medio ambiente e accesibles. Ademais ao seu carón haberá un edificio de servizos, revestido de madeira, que consta cun vestíbulo de acceso, tres vestuarios (masculino, feminino e adaptado) e unha sala de máquinas.

En canto ás caldas, son vasos estruturais de formigón armado pulidos e impermeabilizados, con profundidades comprendidas entre os 60 e os 90 cm, aproximadamente. Contarán cunha cubrición formada por unha manta térmica. Con esta intervención, a entidade local busca revitalizar a contorna do río, incrementando os recursos destinados ao lecer da veciñanza lucense, pero tamén se engade un atractivo máis á oferta turística da cidade vinculada ao seu pasado romano, xa que os baños públicos formaban parte do seu modo de vida.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com