Carta dunha candidata novata ao Senado pola provincia de Lugo

Onte preguntábame: saberá a xente coa que acotío comparto reivindicacións en Lugo que me presento ao Senado pola nosa Provincia? As miñas compañeiras e compañeiros de loitas en Lugo sen Mordazas e Lugo cara o Miño. De Impunidade Carioca e da Plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Salvaxe, ou quen pertence a Víctimas de la Justicia. As miñas compañeiras e amigas da Plataforma Feminista.

Saberano as persoas de Fonmiñá, do grupo de Reiki, os Trotabosques? O persoal docente e as familias coas que coincidía por termos alí, xa hai algún tempo, aos nosos fillos (Carril dos Loureiros, Ma Auxiliadora, Sta. Teresa, Pepas, Guarderìa de Sanfiz o Nadela).

Saberano as familias que vexo agora en A Ponte, Judo Lugo, Escola de Música, ou no Muralla de rugby? Saberano os meus compañeiros de profesión, fotógrafos da provincia? Decataríase a miña clientela, para quen con tanto mimo fixen as súas fotos de estudio, de voda, de Comunión… Ao longo da nosa extensa provincia, Portomarín, Fonsagrada, Guntín, Friol, Parga, Guitiriz, Castroverde, Cádavo, Vilalba, Abadín, Pastoriza, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei, Corgo, Baralla, Cervantes, Becerreá, Nogais, Monterroso, Antas, Palas, Negueira de Muñiz, Lousada, Sarria, Paradela,Castro de Rei, Xermade, Meira, Láncara…

Saberano os provedores, as mulleres empresarias, e as distintas persoas que traballaron comigo nalgún momento da miña vida laboral activa? Saberano as persoas de Feira do Monte onde nacíne medrei, e asxentes das 20 parroquias do Concello de Cospeito ás que decotío atendía no negocio familiar dende que os meus ollos foron quen de sobrepasar a altura do mostrador. Saberao a veciñanza coa que compartín espazos comúns e afectos dende que con 21 anos cheguei a Lugo, veciñas e veciños do Sagrado Corazón, darúa Ribadeo ou de Conturiz.

Saberano profes e compañeiras de clase dende a nosa máis tenra infancia en Feira do Monte, escola unitaria de nenas de Feira do Monte, internas e externas de Divina Pastora, do Sagrado Corazón de Lugo, do Grupo “Virxe do Monte”; pasando polo Instituto Femenino, de FP de Administrativo, de Empresariais, da Escola Ramón Falcón, da UNED, ata chegar aos actuais de Paisaxe.

Saberano as persoas con vínculos de sangue en Lugo, Cospeito, Begonte, Lourenzá, Fonsagrada e Vilalba. Saberano as persoas coas que teño compartido xornadas, cursos formativos e todo tipo de obradoiros e actividades mentres fun autónoma e pequena empresaria. E as que coñecín máis tarde, a causa dos meus problemas de saúde, que lonxe de
constrinxirme ao retiro, fixeron que teña aínda máis ganas de levar unha vida activa. Saberano as persoas coas que comparto tempo e risas nos cursos de Tai-Chi, de Risoterapia, de análisetransaccional, de ioga. Os ratos amables no curso de cestería e os de empoderamento feminino e feminismo que tanto me levan axudado no meu camiño. O meu aprendizaxe sobre Economía Alternativa, Recuperación da zona rural, Life Ríos e Proxecto Ríos.

A resposta tívena, nestes días de pouco acougo, cando moitas e moitos de vós me contactastes preguntándome se me metera en política, se era eu a Nery Díaz Prieto que vían nas papeletas do Senado na opción 3.

Evidentemente, a maioría non sabiades que me presento, que hai xa un tempo que decidín implicarme na organización política que considero menos mala, EQUO. Un partido ecofeminista, no noso Territorio organizado como EQUO Galicia. Un partido que, aínda pequeno, é un referente a nivel ecoloxista en todo o Estado, con moitos dos seus membros cunha grande implicación nos problemas medioambientais dos seus territorios. Unha organización que conta cunha Rede de Mulleres coa que me sinto identificada e apoiada en todo momento.

Tampouco saben algunhas persoas, seguramente, que EQUO Galicia forma parte dunha coalición que se presentou o pasado 15 de Marzo, “En Común – Unidas Podemos”,xunto a outros dous partidos, Esquerda Unida e Podemos, para concorrer xuntos en Galicia a estas Eleccións Xerais de 2019.

Pois nesta carta volo conto. Como dicía o meu pai, falecido o pasado mes de xuño, en situacións coma esta: ”pois… se non o sabiades… agora xa o sabedes”. Por que dou este paso? Porque son consciente de que teño máis de dous terzos da miña vida gastados e non teño saúde, nin tempo, nin enerxía para desaproveitar a oportunidade de tentar acadar obxectivos que me parecen os máis axeitados para mellorar a nosa sociedade.

Porque penso que dende un escaño se teñen máis oportunidades para visibilizar, avanzar e conseguir. E, sobre todo, porque me tocou vivir o final do franquismo e, logo, a progresiva recuperación de dereitos. E agora, dende hai un tempo, veño observando un retroceso en dereitos, liberdades e abusos sociais e ambientais ante os que non podo permanecer impasible. Non quero deixarlle aos meus fillos e ao meu neto (nin aos vosos) esa falta de dereitos e liberdade cada día máis evidente, ese patrimonio natural destruído e contaminado.

Por todo iso, hoxe, último día de campaña, e a pouco máis de 12 horas de que comece a xornada de reflexión, quero dicirvos a todas as personas que nalgún momento tivestes contacto comigo: Preséntome ao Senado pola provincia de Lugo! Fágoo dende a coalición EN COMÚN-UNIDAS PODEMOS (PODEMOS-IU-MAREAS EN COMÚN-EQUO). E gustaríame contar co teu apoio. Se me consideras unha candidata capaz de representar os intereses de Lugo e á súa cidadanía axeitadamente, marca o meu nome coa cruz na papeleta salmón.

Non me despido sen antes animarte tamé a que apoies co teu voto á nosa candidata ao Congreso por Lugo, Vanessa Somoza, tamén activista social, feminista e honesta que encabeza a lista da coalición EN COMÚN ao Congreso dos Deputados. Sería algo estupendo que ela representara os intereses de Lugo como deputada. Sen máis, mándovos unha aperta e vos desexo Saúde!


Autora: Nery Díaz Prieto

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Miguel Angel Ferreiro Vazquez
    Abr 27, 2019 - 01:52 PM

    Muller:E o feminista, e que defiende o medio ambiente, xa me pon non apretó, a min que son home, cultivo huerto ecológico, teño limpo un pequeno trozo de terreo que teño no monte etc etc, xa me fas dudar do que realmente defendéis. ¡¡Non si¡!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com