O concelleiro do Partido Popular no Concello de Lugo, Ángel Trabada, pide ao goberno local a reparación “inmediata” do blandón que hai na Avenida Duquesa de Lugo, no cruce coa rúa Monte Faro.
Ángel Trabada explica que “os parches” que caracterizaron o mandato de Lara Méndez propiciaron “un derroche” en poñer solucións momentáneas aos problemas que xurdiron en diferentes puntos da cidade, problemas que apareceron de novo sistematicamente debido a que non se tomaron as solucións adecuadas.
Neste senso, o popular sinala que o blandón que estivo moitos meses dificultando a circulación aos condutores na unión de Infante Elena e a rúa Monte Faro se “parcheou” cunha man de asfalto, pero como o equipo de goberno decidiu non estudar a orixe do problema, agora vemos que “é a beirarrúa a que se está a afundir”.
Por iso mesmo, Ángel Trabada esixe á alcaldesa que tome as solucións oportunas de xeito inmediato para evitar caídas aos lucenses que empregan a diario esta zona da cidade para camiñar porque o que está claro é que “baixo esta rúa hai un problema que hai que solucionar de inmediato”.
Abr 28, 2019 - 12:34 AM
Atopou unha moeda de 20 céntimos?
Abr 27, 2019 - 10:34 PM
así , así , casi de rodillas , tal cual os debéis presentar ante todos los españoles , después de lo que nos habéis robado
Abr 27, 2019 - 11:58 PM
Luis Díaz Bravo! 👏👏👏