María Xesús Gil encabezará a candidatura do BNG no Páramo

María Xesús Gil será a candidata á alcaldía do BNG para o Páramo. “Queremos un Páramo máis social, a atención ás familias con persoas dependentes vai ser a nosa principal preocupación” sinalou a candidata á alcaldía e avanzou “trataremos de atender as demandas da veciñanza e adaptaremos os recursos materiais e humanos ás necesidades que vaian xurdindo”.

A candidata nacionalista anunciou o proxecto de recuperación e posta en valor do patrimonio cultural e paisaxístico do concello “neste eido, debemos camiñar da man do movemento asociativo, motor imprescindible e esencial neste proceso de dinamización que debemos potenciar”. “Imos impulsar unha xestión eficiente e responsábel dos nosos servizos máis básicos: recollida de lixo, abastecemento de auga, alumeado público e conservación e mellora de estradas, pistas e camiños”, indicou Gil.

María Xesús Gil comprométese tamén a poñer especial atención en que os servizos de saúde e educación que se prestan no concello do Páramo se leven a cabo de forma axeitada e nunhas condicións óptimas “por iso será unha prioridade o mantemento e a mellora das instalacións do Centro Médico e do Colexio” afirmou a candidata do BNG.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Angeles Pallin Diaz
    Abr 29, 2019 - 11:36 PM

    Que teñas moita sorte!!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com