A candidata do PSOE á alcaldía de Ribadeo, Marta Rey, avanzou este martes as persoas que integrarán a lista dos socialistas para as próximas eleccións municipais. “Trátase dunha candidatura forte, sólida e interxeracional que representa aos diferentes sectores da sociedade de Ribadeo como o turismo, a educación ou o mar. Somos un grupo de persoas que vivimos en Ribadeo, que estamos comprometidos coa nosa vila e que imos a estar a pé de rúa, escoitando as demandas dos nosos veciños e traballando por atender as súas necesidades”.
Marta Rey destacou que “presentamos un equipo renovado, que combina xente nova con persoas con experiencia municipal en Ribadeo. Queremos recuperar o espazo político da esquerda para acadar o noso obxectivo, volver a estar no Goberno Municipal para ser partícipes do presente e do futuro da nosa vila. E o faremos apostando polos servizos sociais, dinamizando o rural, fixando poboación e atendendo aos nosos maiores, enmarcado no proxecto progresista do PSOE”.
A Executiva Local valorou positivamente os resultados das Eleccións Xerais no Concello de Ribadeo onde o PSOE foi a forza máis votada en 9 das 13 mesas, sendo o mellor resultado dos socialistas nos últimos 30 anos. “Isto danos alento, forza e un empuxón para saír ás municipais con moita ilusión e coa esperanza de acadar uns bos resultados”, subliñou a candidata do PSOE.
A lista
Na candidatura do PSOE en Ribadeo están representadas as parroquias de Villaselán, Santalla de Villaosende, A Devesa, Ove, Vilela, Couxela, así como o casco urbano de Ribadeo.
- Marta García Rey
- Francisco Javier Torviso Berdeal
- María José Rodríguez Arca
- Francisco Javier Rodríguez Veiga
- Ana María Fernández Rodríguez
- Justo Enrique Navarret Mon
- María Teresa Pérez Sanz
- Natalia Modelo Gonçalves
- José Ángel Redondo Alba
- César Fernández Murias
- María del Carmen Díaz Ríos
- Lorena Ramón Bouso
- José Manuel Pérez López
- Ramón Ángel Coto Longarela
- Anca Stefanía Honcu.