O candidato á alcaldía da Fonsagrada, José Regueiro, lidera un equipo “renovado case no 100%, xove e moi cualificado”. Dos once integrantes da lista, nove son caras novas. E é que tan só o número once, que é concelleiro na actualidade, repite e, a número seis, fóra na lista noutros comicios municipais.
Por outra banda, destaca que a media de idade é de 40 anos, configurando así una candidatura “profundamente renovada e con futuro”.
Para o popular trátase, en definitiva, “do mellor que me podía acompañar”. “Formamos un grupo de persoas que coñecemos á perfección o noso concello e, estou convencido, que a súa calidade humana e profesional aportará eficacia á xestión municipal”. E é que, segundo apunta o cabeza de lista, “o que busquei dende o momento que tomei a decisión de presentarme polo meu pobo foi aglutinar perfís que poidan dar resposta ás necesidades que tanto nos reclaman os veciños”.
“Creo que con este equipo, o cambio é posible. Nelo levamos traballando dende meses, escoitando á xente e traballando para a xente. Co PP d aFonsagrada, alternativa a un Goberno desgastado e a un alcalde máis preocupado por ir a Lugo que estar cos veciños, será posible”, remarca.
“Temos capital humano e presentaremos un programa con propostas nas que os veciños se sintan plenamente identificados. Presentámonos para gobernar, pero, sobre todo, para transformar o noso concello, aproveintando os recursos dos que dispoñemos e xerando novas canles de negocio e oportunidades laborais para os máis novos”. Precisamente, a lista que encabeza Regueiro caracterízase por unha media de idade xove, na que o protagonismo feminino “tamén lle dá un valor engadido á candidatura e á Fonsagrada”.
A lista
- José Luis Regueiro Fernández
- Bernardo Xabier Niño Neira
- Amelia López Niño
- Yrma Fernández López
- Adrián Fernández Fernández
- Rosario López Linares
- Carlos Fernández Vázquez
- Maira López Lombardero
- José Manuel Álvarez Pérez
- Nuria Capón Domínguez
- Antonio Rodil Álvarez
Suplentes:
- Jéssica Fernández Fernández
- José Fernández Riveras