O BNG presentou a candidatura completa para as eleccións municipais no concello da Pastoriza. Elva Carrera afirmou “continuaremos a facer unha xestión racional e rigorosa ”. Carrera deu conta das 11 persoas que forman a candidatura, a cal é completada por 5 suplentes. “Un grupo de persoas que teñen demostrada a súa valía en diferentes ámbitos profesionais e implicación política e social”.
Segundo a candidata nacionalista, “o medio rural será o noso piar fundamental, continuaremos a formar ás gandeiras e gandeiros, e buscaremos o apoio da administración para a formación de nova man de obra para as explotacións” e engade “apoiaremos as iniciativas de concentración parcelaria entre particulares, e crearemos unha bolsa de terreos dispoñibles que sexan susceptibles de seren incorporados á labor labrega”.
A candidatura do BNG é, en palabras de Carrera “un equipo para gobernar, con ilusión, con capacidade e con ideas claras para facer da Pastoriza un lugar mellor”. As persoas que integran esta candidatura, comprométense ademais a realizar unha xestión democrática, eficaz e transparente, promovendo a participación veciñal nos asuntos municipais.
A lista
- ELVA CARRERA GONZALEZ
- JOSE ANTONIO VEIGA PEREZ
- ROCIO LOPEZ PACIO
- VERONICA RODRIGUEZ GESTO
- JESUS OBARRIO PEREZ
- NOELIA IGLESIA SEIJO
- MANUEL SEIVANE VILA
- YOLANDA OTERO LOGILDE
- MARTIN GUTIERREZ MASEDA
- MIGUEL FOLGUEIRA BOUSO
- XOSE MARIA ELOI VILLADA LEGASPI
Suplentes
- EVA FERNANDEZ DIAZ
- BEGOÑA COYA MENDEZ
- XOSE REGUEIRO YAÑEZ
- DIEGO FERNANDEZ OTERO
- ARCADIO SANCHEZ LEGASPI