Novo “espectáculo bochornoso” no Pleno entre Rodríguez Ónega e Martínez

Un novo espectáculo puxo fin hoxe ao pleno ordinario da Deputación de Lugo. O deputado non adscrito, Manuel Martínez xunto ao alcalde de Pol, o socialista Lino Rodríguez Ónega, foron os principais protagonistas dun rifirrafe que veu dado a raíz dunha pregunta do PP sobre a titularidade dos permisos de inicio de actividade das residencias da terceira idade da Deputación e que o voceiro socialista, Álvaro Santos, contestaba remitindo aos populares hacia os expedientes de tramitación, dispoñibles para consulta.

Os populares, seguiron insistindo ante a non resposta de Santos Ramos, tralo que interviu o rexedor de Pol afirmando que “a miña residencia vai abrir con permiso ou sen el”, o que incitou as risas de moitos deputados e o aplauso de Martínez bañado na súa tradicional ironía.

Foi esto último o que motivou a Rodríguez Ónega a facerlle unha peineta a Martínez e a mandalo a “tomar polo cú”, proferindo graves insultos. Ante esta situación, os deputados do Bloque Nacionalista Galego abandonaron o pleno en medio do espectáculo ante a “mágoa” de que remate así o mandato. Mentras deputados socialistas intentaban calmar ao alcalde de Pol, Martínez solicitaba ao presidente do Executivo que expulsase a Rodríguez Ónega do salón de plenos, petición que non se levou a cabo.

Ante esto, o Grupo Provincial do Partido Popular lamentou que ninguén asuma responsabilidades ante o “espectáculo bochornoso” vivido no pleno e consideraron este episodio como “un dos máis reprobables e vergonzosos que se teñen vivido contra a imaxe da institución”. Os populares aseguran que o presidente “non estivo á altura das circuntancias” e que hai actitudes que “non son dignas” da institución.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com