O corpo dunha persoa foi localizado flotando no río Miño, en Lugo, á altura da presa Caneiro das Illas.
Poucos minutos antes das 21:00 horas da noite de onte, un particular informaba ao 112 Galicia do achado. Indicaba que acababa de ver a unha persoa flotando no río.
Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos membros da Policía Nacional e Local, dos Bombeiros de Lugo e tamén da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
Finalmente, os axentes da Policía Nacional confirmaron que o corpo sen vida foi rescatado da auga. As forzas da orden tratan de aclarar as circunstancias do suceso.