Santos Ramos: “Feijóo minte sempre, tamén agora alonxándose de Vox”

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, subliñou esta mañá que “Feijóo sigue mentindo aos galegos e aos lucenses”. Fíxoo tras escoitar as verbas do presidente da Xunta de Galicia que vén de afirmar que el nunca estivo a favor dun pacto coa “ultradereita”; afirmacións nas que o Feijóo vincula, segundo Santos, a Vox doa Falanxe.

“É o mesmo Feijóo que dixo que o pacto en Andalucía era sensato, que estaba tranquilo con el e se felicitaba por ese pacto andaluz das 3 dereitas. Recordo que Feijóo aplaudiu e apoiu dito acordo asegurando que así o PP mantiña os
seus principios”, lembraba Santos Ramos antes de advertir que aos lucenses que o mesmo ocorre co cabeza de lista dos populares ao Congreso, Jaime de Olano ou co alcaldable lucense, Ramón Carballo. O socialista destacou tamén as verbas de Carballo cando asegurou non ter problemas en pactar con Vox para as municipais “do que aínda non se desdixo, polo tanto Feijóo e todo o PP está de acordo con Vox”.

Santos Ramos apuntou que ante o cambio de opinión de Feijóo so caben dúas posibilidades: “ou mentía antes dicindo que o pacto con Vox era bo ou minte agora afirmando que non pactaría con eles visto que non teñen nada que pactar despois de perder as eleccións”.

“Feijóo minte sempre. Tamén agora, porque o PP non deixa de ser en Galicia o berce da ultradereita aínda que maquillada e disimulada”, concluíu Santos Ramos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com