A alcaldesa de Guitiriz despide o mandato co despido do persoal do GES

Tras vencer o prazo do ERTE decretado pola alcaldesa de Guitiriz en xaneiro para o persoal do GES, a alcaldesa procedeu a despedir por causas obxectivas aos 7 operarios do GES, faltando así ao dito en xaneiro cando dixo que non habería despidos ate que outro concello se fixera co servizo do GES.

Con esta medida, a alcaldesa socialista despidese do goberno municipal con 7 despidos, coa destrucción de 12 postos de traballo no Concello e coa extinción dun servizo público esencial como é o servizo de emerxencias. Desde a CIG, entenden que os despidos non atenden á legalidade e como tal presentaremos demanda contra os mesmos por consideralos despidos nulos.

“Desde a CIG entendemos que a extinción do servizo dos GES e os despidos correspondentes non atenden a ningunha razón obxectiva, senón a un capricho da alcaldesa por desfacerse duns traballadores e traballadoras que lle resultaban incómodos por ter reclamado dereitos que lles eran propios como se ten demostrado nas resolucións da Inspección de Traballo e nas varias das sentenzas dos xulgados do social ao respecto”, explican dende o sindicato.

Asemade, dende a CIG, advirten que a “deriva caprichosa” da alcaldesa vaille ter un alto custo ás veciñas e veciños de Guitiriz, dado que xa só estes 4 meses de 2019 ao concello vanlle supor o montante de 55.000€ entre salarios e indemnizacións, e ademais para que non traballaran, cando de continuar co GES e estando traballando o salario destes trablladores é asumido ao completo entre Xunta e Deputación. A este custo haberá que sumar a posteriori os salarios de tramitación e a asunción da plantilla.

“Esta é a herdanza que a señora Regina Polín lle deixa á futura corporación, herdanza debida exclusivamente á súa cabezonería, ao seu capricho e a unha deplorable xestión de persoal levada a cabo durante esta legislatura”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com