O candidato do BNG á alcaldía, Rubén Arroxo, presentou esta mañá unha proposta para crear unha pasarela que permita unir o centro de saúde de San Roque, preto de Fontiñas, co novo ascensor. “É preciso unha solución de accesibilidade para as persoas que dende Fontiñas acuden ao centro de saúde”, dixo Arroxo e sinalou que “con esta nova pasarela as persoas que cheguen no ascensor poderían achegarse ate o centro médico por un percorrido practicamente plano”.
A pasarela proposta polo BNG uniría o comenzo da rampa que da acceso ao centro médico coa parte alta da escalinata Primavera, pasando por riba da entrada do carril do xuizo. O candidato do BNG á alcaldía afirmou “a partir do 26 de abril imos abrir un tempo novo para que Lugo funcione, pensando nas persoas e non nas obras”. A falta dos estudos técnicos preceptivos para un actuación deste tipo, a pasarela tería uns 40 metros de lonxitude e evitaría os desniveis existentes na actualidade.
O candidato do BNG á alcaldía afirmou “a partir do 26 de abril imos abrir un tempo novo para que Lugo funcione, pensando nas persoas e non nas obras”. Arroxo sinalou “temos que ver a practicidade das actuacións que se fagan dende o concello para que todos os investimentos sexan realmente útiles ás veciñas e veciños, no caso do ascensor de Fontiñas a obra é valorada pero quedou a medias por que non resolve a accesibilidade ao centro médico”.