Máis de 300 padexeiros participan no 63 Descenso do Miño

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, asistiu, este sábado a entrega de trofeos do 63 descenso Internacional do Miño. Esta cita reuniu a máis de 300 padexeiros,  270 embarcacións e 30 clubs de toda Galicia. Trátase da segunda proba máis antiga do piragüismo nacional, e contou con saídas dende Rábade e Ombreiro, e as metas no propio club lucense, o Club Fluvial. A proba tivo dous percorridos, o primeiro de 17 quilómetros no que competiron homes e mulleres das categorías de xuvenil, sénior e veterán das modalidades K1, K2 e C1. O segundo percorrido os cadetes, tanto nas categorías feminina como masculina, e tamén nas modalidades de K1, K2 e C1 descenderon 8 quilómetros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com