Presentación da lista de Cidadáns ao Concello de Lugo

A portavoz municipal de Cidadáns en Lugo e candidata á alcaldía nas eleccións do vindeiro 26 de maio, Olga Louzao, afirmou hoxe que “en Lugo chegou o momento de Ciudadanos” e dixo que “fronte á parálise do PSOE, á falta de ilusión do PP e á radicalidade doutras opcións”está “a moderación e o sentido común de Ciudadanos”, a quen definiu como”unha opción de presente e futuro para Lugo” que pretende gobernar a cidade a partir do 26 de maio con “seriedade e eficacia”.

No transcurso do acto de presentación da súa candidatura á alcaldía de Lugo, a candidata de Ciudadáns dixo non ter “nada persoal en contra de Lara Méndez” , pero afirmou que “o resultado dos seus catro anos de alcaldesa foi nefasto para a cidade”. “Foron catro anos perdidos por culpa do peor Goberno municipal da historia democrática de Lugo”, aseverou Olga Louzao.

Arroupada polas 25 persoas que integran a lista de Ciudadanos, que Olga Louzao definiu como “a mellor candidatura de cantas se presentan na cidade”, dixo que”Lugo merece un Goberno que crea en Lugo e unha alcaldesa que queira selo”e lembrou que “Lara Méndez non quería ser alcaldesa porque na Deputación vívese mellor e a Ramón Carballo obrigárono no PP a presentarse”, asegurou.

Destacou o “ascenso imparable” de Ciudadanos en Lugo, convertida xa en terceira forza política na cidade e vaticinou que “será o partido determinante para a gobernabilidade da cidade a partir do vindeiro 26 de maio”. “Estamos seguros de que chegou o momento de Ciudadanos, non pedimos permiso, pedimos paso, e non vimos ao Concello a practicar como fixo este Goberno. Non nos mete medo asumir responsabilidades, levamos catro anos preparándonos para iso e estamos listos para Gobernar desde o primeiro día”, afirmou.

O peor Goberno municipal da historia de Lugo

Olga Louzao valorou o incremento dun 45% dos apoios a Cidadáns nas eleccións xerais na cidade de Lugo, nas que pasou de 5.013 votos en 2016 a 7.286 o pasado domingo, como “o presaxio dun gran resultado nas eleccións municipais do 26 de maio para Ciudadanos en Lugo” e afirmou que “Ciudadanos consolídase como terceira forza na cidade de Lugo e vai xogar un papel moi relevante na cidade tralas eleccións municipais como alternativa de Goberno ao Partido Socialista e ao Partido Popular”. Para a candidata á alcaldía, “Ciudadanos será forza política determinante en Lugo nos vindeiros anos”.

A candidata de Cidadáns agradeceu os apoios recibidos en Lugo e pediu “a todas as persoas que se mobilizaron nas eleccións xerais para frear a Vox” que vaian votar o 26 de maio para “poñer fin ao peor Goberno municipal da historia democrática de Lugo e sacar á cidade da parálise, o desgoberno e o caos no que leva 4 anos”.

Somos persoas de Lugo que non vimos á política a lucrarnos”

Olga Louzao presentou unha por unha ás 25 persoas que a acompañan na candidatura e invitou aos lucenses a que “busquen e comparen” porque, dixo, “é o mellor equipo de cantos se presentan na cidade de Lugo”. “É unha candidatura feita con xente de Lugo, persoas formadas e preparadas para asumir o reto de Gobernar esta cidade e coller as rendas do seu futuro”, asegurou.

Explicou que a maioría dos integrantes da candidatura de Ciudadanos son “persoas independentes que nunca participaran en política e con prestixio profesional nos seus respectivos ámbitos, proba do carácter integrador e aberto do proxecto de Ciudadanos, que segue a sumar talento na cidade de Lugo”, dixo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com