Javier Santín concorre ás municipais “cun extraordinario equipo” para gobernar e abandonar “as políticas pasivas” dos actuais dirixentes. Así o considerou o propio alcaldable do PP ao Concello de Cervantes afirmando que se trata da candidatura “idónea”, pois “nela se inclúen todas as sensibilidades” ao repetir o anterior candidato e outros membros que xa foron na lista das pasadas municipais.
“Somos un equipo unido, xove e con moita ilusión e gañas de traballar para dar un valor engadido ao noso concello. Creo que chegou o momento do cambio e estamos á altura de conseguilo”, matizou.
Deste xeito, o cabeza de lista dos populares adianta que apostarán por “políticas activas” para que os mozos teñan oportunidades de desenvolver a súa vida na localidade, con actividades dirixidas a eles, axudas para que poidan emprender; todo elo, apunta, sen descoitar á xente maior e ás principais asociacións de veciños, de caza, comunidades de montes, etc.
Asemade, o alcaldable comprométese a ser “interlocutor directo” coa administración autonómica para acadar un “maior alixeiramento das restricións medioambientais” que lle afectan a este municipio, co fin de favorecer o desenvolvemento local. En materia de turismo, considera que o Concello ten que dar un “forte pulo” neste senso, de cara a impulsar á publicidade do territorio e dos seus recursos paisaxísticos e culturais, así como dende o punto de vista de prestar asesoramento aos negocios existentes.
Os populares tamén prestarán unha especial atención ao sector agrogandeiro, xa que nesta localidade é a actividade que máis predomina.
A lista
- Javier Santín
- Marcos Rodríguez Santín
- Manuel González López
- Óscar Fernández Gómez
- Mayra Digón Valcarce
- Fermín Rodríguez López
- Manuel Antonio López Digón
- Javier González Méndez
- José López Fernández
Suplentes
1.Carlos González Méndez
2. Fidel Trabado Pérez
3. Óscar López Valcarce