Resoltas as axudas para o impulso das infraestruturas turísticas no rural lucense

A Consellería de Cultura e Turismo vén de resolver as axudas para entidades locais dirixidas a impulsar as infraestruturas turísticas no rural, que na provincia de Lugo suman un importe global de 760.000 euros para desenvolver 31 actuacións.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, explicou hoxe que este programa  apoia actuacións de recuperación e sinalización de recursos turísticos e de mellora da accesibilidade, co obxectivo de potenciar o turismo como factor  de crecemento económico do rural galego e como instrumento de reequilibrio territorial.

En Lugo, financia 31 solicitudes individuais doutros tantos concellos e dúas iniciativas conxuntas: A agrupación de concellos da comarca de Quiroga, cun proxecto para sinalizar o territorio do xeoparque Montañas do Courel -recentemente declarado xeoparque mundial pola Unesco-, e a agrupación de Becerreá, As Nogais, Baralla e O Corgo para sinalizar a Vía Küning.

Balseiro sinalou que estes proxectos suman un investimento mobilizado de 1,2 millóns de euros, dos que a Xunta achega algo máis do 65%. Polo que respecta á distribución territorial, a maior parte dos proxectos desenvolveranse no sur da provincia (11 proxectos), seguido da Mariña (con 8).

Esta liña de axudas ampara medidas de rehabilitación ou restauración de construcións, elementos de interese etnográfico ou da  arquitectura tradicional, para a súa dedicación a usos turísticos distintos do aloxamento de persoas. Tamén o embelecemento dos accesos e do contorno, iluminación ornamental, recuperación e creación de miradoiros ou rutas, adecuación de aparcamentos, soterramento de contedores, eliminación de cableado aéreo e antenas de comunicacións, e eliminación de barreiras de calquera tipo que dificulten o acceso de persoas con discapacidade ao recurso turístico e á información explicativa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com