Desenvolvelugo.org, a web intuitiva sobre economía, emprego e desenvolvemento económico

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, presentou este martes, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a nova imaxe da web que engloba contidos destas tres áreas municipais, e que xa está dispoñible en www.desenvolvelugo.org.

A edil, acompañada das técncias Isabel Villamor e Paula Gamazo e do técnico Norman Veiga, explicou que a idea de renovar a páxina web relativa ao eido económico, do emprego e do desenvolvemento, sempre tivo como horizonte achegar a xestión municipal á veciñanza e converterse nunha ferramenta útil para os veciños e veciñas. É pois una páxina web de manexo sinxelo, visual e  moi intituitivo á hora de navegar, de xeito que a persoa usuaria é capaz de acceder á información que lle interesa de forma rápida, indicou Prieto; quen enxalzou como características desta nova páxina a proximidade, axilidade, facilidade de uso, accesibilidade e transparencia.

Tal e como explicou Prieto, é un portal único, de acceso fácil, que responde a suxestións da cidadanía, e que está estruturada nos seguintes contidos: proxectos, axudas e subvencións, novas, economía, Espazo Lab (Emprego), CEI-NODUS (Emprendemento), Europe Direct Lugo e Eventos. 

A través dun deseño moi coidado e moi visual, esta web tamén ofrece apartados tan interesantes como formación e emprego en Europa e un apartado de Lugo en cifras, que se actualizará mes a mes.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Lucia Barcelos
    Mai 07, 2019 - 04:51 PM

    Hermosas

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com