Xa estamos entrando no verán e a Xunta arranca sempre esta estación recoñecendo o labor dos concellos para manter a comunidade nunha das primeiras posicións co maior número de bandeiras azuis nas praias e portos. Así, e despois de revisar todos os areais, Galicia mantén un ano máis a súa posición con 107 bandeiras azuis e que suman 169 distincións se falamos de praias, portos deportivos, sendeiros e aulas da natureza.
Así, na provincia de Lugo, son 14 as praias que reciben este galardón, sendo Foz o municipio máis premiado con cinco galardóns a pesares de que o perde a Pampillosa.
Respecto aos sendeiros azuis, este ano aparece por primeira vez, o Sendeiro Praia de Abrela – Punta Socastro coñecido como Fuciño do Porco, no Vicedo. Asemade, recoñécense tamén a ruta do litoral burelés, o Sendeiro do Torno en Cervo ou a ruta do faro de Illa Pancha ás Aceas en Ribadeo.