No ano 2016, o Servizo de Patrimonio Cultural de Lugo informaba a favor da descatalogación do xacemento arqueolóxico do Castro da Trinidade – Flores, que fora catalogado en 1991 pola Dirección Xeral de Patrimonio. O castro, situado entre os concellos de Mondoñedo e Lourenzá, figura no catálogo de Patrimonio como dous xacementos distintos: o Castro da Trinidade e o de Flores, a pesar de que todos os datos indican que se trata dun só xacemento.
Debido a que a tramitación para dar de baixa o xacemento, fíxose dunha forma “non acorde coa legalidade”, na opinión de ADEGA e Mariña Patrimonio, ambas asociacións puxeron en coñecemento da Fiscalía en setembro de 2018 a actuación do Servizo de Patrimonio de Lugo así como a posible destrución deste ben patrimonial polos labores extractivos de Canteiras Santa Cecilia.
ADEGA e Mariña Patrimonio sorpréndense de que o Servizo de Lugo argumentara que “non atopaban probas abondo consistentes” que determinasen a existencia do sitio arqueolóxico: “…semella que as probas para determina-la existencia de ambos elementos non son moi seguras”, cando tiña á súa disposición en torno a seis informes que probaban a existencia do Castro Trinidade-Flores. As citadas asociacións consideran que había probas documentais de abondo sobre a existencia do xacemento, polo que non.