A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, avanza que o Goberno local vén de iniciar os trámites para solicitar un obradoiro de emprego que leve a cabo a rehabilitación da Escola de Pedrido.
Así o anuncia no día no que o DOG publica a convocatoria das bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019. Candia precisa que a idea é concorrer a estas axudas conxuntamente con outros concellos próximos de cara a presentar un proxecto que permita
actuar na coñecida como Escola de Reguengo, emprazada en Pedrido, no Concello de Mondoñedo para evitar así que prosiga o seu deterioro.