O PSOE comprométese en Friol a construír unha residencia, baixar o IBI e potenciar o sector primario

O PSOE de Friol presentou hoxe a candidatura coa que concorrerá as próximas eleccións municipais e que encabezará a actual Secretaria Local, Ángeles Martínez Martínez. No acto participaron o Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, e o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, acompañados de veciños do Concello.

Ángeles Martínez destacou da lista que “somos todos veciños de Friol, que vivimos en Friol e que coñecemos a realidade do noso Concello e as necesidades dos nosos veciños. Queremos atender esas demandas, por iso organizaremos reunións periódicas cos veciños nas distintas parroquias para que trasladen as súas peticións. Presentamos un proxecto que protexe o estado do benestar, prioritario para o PSOE. Para iso, dotaremos dunha residencia e centro de día ao Concello, unha instalación social que levamos tempo reclamando os socialistas pola súa necesidade veciñal, pois o 37% da poboación supera os 65 anos, conseguindo que se puxesen a disposición da mesma os terreos municipais necesarios”.

Segundo asegurou Martínez Martínez, o Alcalde do PP comprometeuse publicamente coa execución desta residencia, “pero non fixo nada”. Neste eido, a socialista tamén prometeu axudas para que os maiores da localidade poidan acudir ao Hula ás diferentes visitas médicas. ” Poremos en marcha o servizo do Xantar na Casa, melloraremos o Servizo de Axuda no Fogar e ampliaremos o horario da gardería. Todas estas medidas están enmarcadas co noso compromiso con mellorar a calidade de vida dos nosos veciños do rural”, avanzou a alcaldable.

“Levamos no noso programa a redución do tipo impositivo para o IBI de urbana do 0,6% actual ao 0,4%, o mínimo que establece a lei, así como bonificacións a explotacións agrícolas e gandeiras. E o facemos porque o Alcalde do PP negouse 3 veces durante este mandato a rebaixarlle o imposto aos veciños, despois de subirllo ao 0,6, unicamente polo seu afán recadatorio. Dende o PSOE presentamos esta medida que mellorará a economía das familias e aliviará o impacto do catastrazo. E o facemos porque Friol é un dos Concellos co IBI urbano máis alto da contorna”, destacou a candidata.

Ángeles Martínez destacou asemade que “temos que axudar ao noso sector primario, o motor económico de Friol. Para iso, dende o Concello ofreceremos un servizo gratuíto de recollida de plásticos agrícolas, axudas para mellorar accesos a fincas ou formación para os traballadores do sector primario, entre outras iniciativas”.

A lista

  1. Ángeles Martínez Martínez
  2. Lorena Pérez Morado
  3. Yon Penas Busto
  4. Sandra García Fraga
  5. Constantino Rodríguez Arias
  6. Noelia Seoane Barba
  7. Pedro Antonio Martín Minguela
  8. Amador Rodríguez Varela
  9. María Soledad Roca Tizón
  10. José Vidal Varela
  11. José Antonio Barreiros Villar
  12. Carlos Fariñas Espiño
  13. María del Carmen Méndez Ramil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com