Preto de 400 actividades encherán o Arde Lvcvs de tradición castrexo-romana

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre, foron as encargadas de presentar esta mañá a programación do Arde Lvcvs, uns festexos para os que Lugo volveu volcar todo o traballo do Concello, asociacións de recreación histórica e grupos de teatro. Preto de 400 actividades para todos os públicos e ao longo e ancho da cidade é a oferta coa que o Concello abrirá as súas portas do 13 ao 16 de xuño a propios e visitantes.

No acto, a rexedora presumiu do que é verdadeiramente o Arde Lvcvs, “sinal de ientidade, de orgullo e posta en valor do patrimonio. É exemplo de como un movemento social pode transformar as cidades e nos pode levar ao máis alto, exemplo de como en 18 anos somos festa de Interese Turístico Galego, de Interese turístico Nacional, e que xa ten sona internacional”. Así mesmo concretou que a programación deste ano chega casi ás 400 actividades, unhas 380, “todas elas con esa rigorosidade que caracteriza a esta festa de recreación histórica”, para todos os públicos, e en distintos espazos destacados da cidade.

Méndez tamén quixo enxalzar o traballo das 18 asociacións de recreación histórica de Lugo,alma mater desta festa”, cuxa familia aumenta este ano.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com