O arqueólogo Santiago Ferrer impartirá en Riotorto unha conferencia sobre minas romanas

O próximo sábado, 11 de abril, ás 19:00h no Salón de Actos da Casa de Cultura de Riotorto, o arqueólogo Santiago Ferrer impartirá a conferencia “Minas romanas”, na que falará sobre as explotacións mineiras en época romana, organizada polas asociacións culturais Arrincadeira e MariñaPatrimonio. A conferencia  é aberta para todo aquel que desexe achegarse.

Ferrer é Diplomado pola Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Educación Xeneral Básica: especialidade Ciencias Humanas e Licenciado en Xeografía e Historia, especialidade de Prehistoria e Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela.

Dende que rematou os estudios académicos dedicouse profesionalmente o mundo da Arqueoloxía participando en numerosas escavacións arqueolóxicas por todo o ámbito de Galicia, en especial é o Director do Centro Arqueolóxico de Aquis Querquennis en Bande onde está a investigar un dos campamentos militares romanos máis importantes da Península Ibérica.

Como é sabido o noroeste peninsular é unha zona rica en ouro. Xa antes da romanización os pobos indíxenas explotaban este codiciado metal e coa chegada do invasor romano produciuse un cambio rotundo ao converter a minería nunha auténtica actividade industrial, que provocou a transformación do territorio deixando pegadas que chegaron ata hoxe.

Riotorto é un concello coñecido polos seus ferreiros e sábese que houbo minería de ferro ata non hai moito tempo; tamén se ten documentación de explotacións mineiras moi antigas que, segundo os indicios, poderían remontarse á época romana.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com