En Marea reclama unha dotación completa do servizos de ambulancias nas comarcas de Lugo

O pasado 29 de abril a Xunta publicou os pregos do concurso público para o servizo de transporte sanitario urxente. Nas condicións desta convocatoria se explica que:  “as ambulancias deberán dispor dun condutor en posesión do título de formación profesional de TES e outro/a en funcións de axudante, coa mesma titulación, como mínimo”. Pero desta esixencia a propia convocatoria elimina ás ambulancias de soporte vital avanzado de Foz e Monforte, que só contarán cun TES. A raíz desta publicación as deputadas de En Marea, Paula Vázquez Verao e Eva Solla presentaron unha interpelación ao goberno sobre o por que desta exclusión para as comarcas luguesas.

Segundo explicou Paula Vázquez Veraoque “a Xunta do PP continúa menosprezando ás comarcas da provincia de Lugo; é un desprezo á cidadanía das comarcas da Mariña e do sur de Lugo o recorte en persoal técnico das  ambulancias medicalizadas”.

A deputada de En Marea sinalou que esta falta de dotación era especialmente acusada para A Mariña,  “no caso de Foz, é un recorte inxustificado, por ser esta zona unha das peores dotadas en transporte sanitario urxente de Galicia”.

En sentido similar, a deputada de En Marea sinalou que para Lemos que o servizo tardou en chegar para a comarca e que hai unha clamorosa falta de ambulancias para todo ese territorio: “No caso de Monforte, foi un escándalo a tardanza en dispoñer unha ambulancia medicalizada para o sur de Lugo, cando só hai unha ambulancia asistencial básica por quenda en cada unha das bases (Monforte, Chantada e Quiroga); a ambulancia medicalizada é necesaria e unha demanda histórica, pero o PP debe explicar por que a Xunta concede menos dereitos á cidadanía de Lemos, Chantada e Quiroga que as do resto de Galicia, dotando a ambulancia nova cunha soa praza de persoal técnico”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com