Os socialistas de Lugo expresaron esta tarde a súa fonda dor e consternación pola perda do ex secretario xeral do partido e ex vicepresidente do Goberno, Alfredo Pérez Rubalcaba, unha “persoa referencial do socialismo, da política española e dos grandes avances do país”, e trasladan o seu máis sentido pésame a toda a súa familia e achegados.
A agrupación local cancelou todos os actos da campaña que estaban previstos para esta tarde e mañá sábado con motivo das eleccións municipais do 26 de maio en sinal de duelo e recoñecemento a un home de Estado cunha profunda visión institucional e unha talla política, humana e intelectual que o fan merecedor da máxima consideración.