O PSOE do Saviñao fará unha residencia e centro de día

O PSOE do Saviñao avanzou as actuacións que realizará nos primeiros 100 días de goberno se gaña a alcaldía. Así o informou este domingo o candidato do Partido Socialista, Celestino Rodríguez, na presentación da lista coa que os socialistas concorren ás eleccións municipais. No acto, tamén participaron o Secretario Provincial do PSOE, Álvaro Santos Ramos, o Secretario de Política Federal do PSOE, Patxi Lópezo, e o Secretario Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acompañados de veciños.

Celestino Rodríguez comprometeuse a que asinarán un novo convenio cos compañeiros da Deputación para construír unha residencia e centro de día para a terceira idade. “Trátase dunha dotación imprescindible e moi demandada polos veciños que durante máis dunha década non foi atendida polo PP. No 2011 o Concello e o organismo provincial acordaron levar a cabo dita infraestrutura, para a cal a Deputación achegou o orzamento para a adquisición do prado do Larsa, o solar onde se ía edificar. O PP non cumpriu o contrato e tampouco devolveu o diñeiro. Para nós, en cambio, será unha prioridade que os maiores do Saviñao conten cun servizo básico, público e de calidade no seu Concello e non teñan que marcharse a municipios limítrofes pola carencia del. É de xustiza que estean preto das súas familias, das súas casas e do súa contorna. Ademais, esixiremos á Xunta de Galicia que cambie de localización o novo centro de saúde

 Auditoría, melloras no rural e un novo plan urbanístico

“Realizaremos unha auditoría externa para coñecer o estado real das contas e a situación económica do Concello, logo do gasto desorbitado nestes 6 últimos meses nos que o PP quixo facer todo o que non fixo en 4 anos. É a nosa responsabilidade que os veciños saiban o que se fixo cos seus cartos”.

 A Deputación destinou 2 millóns

Pola súa banda o Secretario do Psoe de Lugo, Santos Ramos e o Presidente da Deputación, Campos Conde, puxeron en valor “os 2 millóns de euros destinados polo PSOE dende o Goberno da Deputación durante este mandato. Os socialistas detallaron varias actuacións financiadas polo Executivo Provincial que con dito orzamento fixéronse  as melloras nas estradas de Rebondiego a Morgade por Aiaz, a de Fión coa Igrexa da Cova e a de Ferreira a Currelos, en accesos a numerosas parroquias, así como alumeados públicos e obras na Casa do Concello, entre outras”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com