Cs Sarria considera fundamental impulsar a segunda fase do Polígono de Morelle

Cs Sarria visitou hoxe a zona industrial da localidade, constatando a necesidade de impulsar o desenvolvemento da segunda fase do Polígono de Morelle. “Unha acción básica para o desenvolvemento industrial do noso municipio”, indicou o voceiro da agrupación, Álvarez Rey.

Dende a agrupación consideran prioritario acometer un plan de dinamización do sector industrial en xeral e do traballador autónomo en particular, facilitando e promovendo actuacións e iniciativas empresarais e  “creando vínculos e sinerxias entre o modelo formativo e o empresarial” . Álvarez Rey lembrou que o sector industrual en Sarria tan só supón o 12% do sector actuvi e que o 90% das empresas ten menos de 3 empregados.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com