Galicia Sempre: “Desterráronnos no silencio; somos un grupo de persoas dispostas a loitar por un cambio”

A agrupación Galicia Sempre vén de anunciar, mendiante un comunicado aos medios, a súa disposición a falar e escoitar á sociedade lucense para facer posible un cambio.

Fan este comunicado logo de que onte, a Asociación de veciños da Milagrosa organizase un debate a seis bandas con todos os grupos que actualmente están no concello de Lugo, sen dar a oportunidade de participar a grupos sen representación na cámara municipal. “Onte reuníronse os representantes das comunidades de veciños de Lugo, convocaron a todos os grupos políticos con actual representación e desterráronnos no silencio aos pequenos, aos novos…”, reza a misiva de Galicia Sempre. 

Para “pór voz” ao seu “desterro”, a agrupación asegura que está disposta a loitar polo cambio que reclama a sociedade e escoitar a todo aquel que teña algo que dicirlles, así como a expoñer as súas propostas a quen desexe coñecelas.

“Somos un grupo de persoas dispostas a loitar por un cambio, dispostas, se chegara o caso, a abandonar a nosa área de confort para facer posible este aire de cambio que a sociedade demanda”, aseguran dende Galicia Sempre, “non nos vamos manter calados, falaremos alto e craro, exporemos as nosas propostas a quen as queira escoitar e escoitaremos a quen queira falar, nós somos o pobo e precisamos ter voz”, sentencian.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Ana Argiz
    Mai 14, 2019 - 10:19 PM

    “escoitar a todo aquel que teña algo que dicirlles”, está ben o chiste….. cando a candidata negouse e levar a certa xente na lista porque estaba mal visto en Lugo….

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com