28 anos na corporación avalan a Felipe Labrada como candidato do PP á alcaldía do Corgo

“Un extraordinario equipo” acompaña a Felipe Labrada para ampliar os “24 anos de traballo que o PP leva facendo en O Corgo”. Así o destacou o candidato popular no transcurso da presentación-mitin desenvolvido a última hora de onte, e no que tamén interviron o senador electo, José Manuel Barreiro, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o delegado da Xunta, José Manuel Balseiro.

A candidatura que lidera Labrada está formada por catorce candidatos, dos que os postos seis, sete, oito, nove e dez son novas incorporacións, o que representa unha renovación do 35%. Deste xeito, os populares, ademais de dar a coñecer a lista, avanzaron os principais eixos do programa co que gobernará a partir do día 26 se acadan a confianza da veciñanza ese día nas urnas, ao tempo que fixeron balance do trabalo realizado.

Neste senso, o alcaldable do PP destacou que o Concello está rematando o Punto de Atención á Infancia (PAI) co obxectivo de que entre en funcionamento no mes de setembro coincidindo co vindeiro curso escolar. En relación aos servizos sociais aos maiores, Labrada destacou a profesionalidade das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF)” e o apoio da Xunta a este servizo a través achegas coas que sufragar o incremento de horas de atención aos nosos maiores. A este respecto, apuntou que “debemos seguir achegando este servizo ás persoas que o demanden” como “tamén debemos continuar a mellorar outros servizos básicos, coma as vías de comunicación”.

Labrada, que dende o 1999 é tenente de alcalde do municipio, sumando así un total de 28 anos como membro da corporación local, sinalou que “un dos principais obxectivos de cara ao vindeiro mandato debe ser o traballo para conseguir que a xente quede a vivir aquí no Corgo”. Para iso “ofreceremos distintos servizos aos nosos veciños como pode ser a habilitación de vivendas sociais”. Pero tamén avanzou, en materia de emprego, “a creación dunha viveiro de empresas” e “a procura de apoios para a creación dun polígono industrial no Corgo”.

A lista

1. Felipe Labrada Reija. Arxemil
2. Marcos Trashorras Reija. Pedrafita
3. José Luis Fernández López. Cela
4. María del Mar Gómez Gómez. Marei
5. María Jesús Álvarez Fole. Alto Gomeán
6. Pedro Fernández Reija. Arxemil
7. David Rodríguez Lodeiro. Marei
8. Marta Arias López. Cerceda
9. María Soledad López Pérez. Escoureda
10. María Ángeles Santos Ballón. Donalbán
11. José Antonio Ferreiro González. Laxosa

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com