Rubén Arroxo anuncia a creación de brigadas municipais de atención aos barrios

Dentro do proxecto de cidade do BNG está a creación de brigadas municipais que atendan cuestións que máis preocupan ás veciños e veciñas nos barrios.

O candidato á alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo, dixo que as administracións teñen que estar para dar solución aos problemas da xente e para iso anunciou a creaión de brigadas para que se fagan cargo do mantemento da cidade e deses pequenos arranxos que son necesarios diariamente no espazo público e nas infraestruturas municipais

Segundo o candidato, “dentro do noso modelo de cidade está o mantemento das instalacións municipais”, e sinalou que “estas brigadas realizarían traballos como desbroces ou mantemento das beirarrúas, reducindo así o tempo que actualmente se tardan en comezar”.

Esta proposta enmárcase dentro do plan que o BNG deseñou para o concello de Lugo. Rubén Arroxo dixo que “somos a única opción que ten  un proxecto claro para todas as veciñas e veciños da cidade e do rural, que se reflexa nas propostas do programa do BNG”, e engadiu “a partir do 26 de Maio comezaremos a traballar no concello para que Lugo Funcione”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com