Día das Letras Galegas dedicado a Antón Fraguas, referente na loita pola nosa lingua

En decembro faría os 104 anos; e en novembro cumpriranse 20 anos do seu pasamento. Por esta razón, a Real Academia Galega decidiu dedicar este ano o Día das Letras Galegas ao xeógrafo e historiador galeguista Antón Fraguas. Nado en Cotobade, Pontevedra, Fraguas non só deixou unha amplísima coleccion de obras composta por máis dunha vintena e que se completan con preto dun cento de participacións en publicacións colectivas ademáis de máis de 1.300 artigos en xornais e revistas.

Se algo hai que agradecerlle a Antón Fraguas e o pulo que, cen anos atrás, deu ao noso idioma. Fundador da Sociedade da Lingua e membro, entre outros colectivos, das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos ou a propia Real Academia Galega, Fraguas loitou cos seus estudos e as súas obras pola defensa do idioma da súa terra como centro da vida social.

Os seus estudos versaron sobre cultura popular, xeografía, arqueoloxía, historia e arte de Galicia. E se algo chama a atención deste autor é, precisamente, a loita incansable pola nosa cultura e a nosa lingua nunha época na que o galego non só estaba mal visto, senón tamén prohibido.

Todos os que falamos o galego e amamos a cultura tradicional da nosa terra, temos que celebrar o día de hoxe con ledicia e agradecer a Fraguas todo o seu traballo porque sen el, esta claro que o galego hoxe, non sería o que é.

Feliz día da nosa terra, feliz día de Antón Fraguas, feliz Día das Letras Galegas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com