Ante ducias de veciños, o candidato á alcaldía de A Fonsagrada, José Regueiro, trasladou que “temos un proxecto claro, pero tamén temos equipo para gañar este partido”. Deste xeito, e respaldado polo presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, o alcaldable expuxo aos veciños as principais liñas do seu programa, así como os motivos polos que “non merece a pena vota ao PSOE, logo de tantos anos de desgoberno”.
“Credes que merece a pena votar a un Partido socialista que leva gobernando 15 anos e A Fonsagrada segue como estaba?; credes que merece a pena votar ao PSOE que ahora desprega máquinas para facer un lavado de cara, mentras durante os últimos catro anos estivemos pisando baches e tapándoos con terra?; credes que é de recibo ter que pedirlle por favor ao alcalde que nos asfalte unha pista ou amañe untra traída dun pobo, ou cambie unha bombilla?; credes que merece a pena votar a un PSOE que liga o futuro da Fonsagrada á residencia da terceira idade que inaugurou en 2015 e aínda non foi quen de abrila? Ou que se acorda das piscinas cando nós as levamos demandando anos?; credes que merece a pena votar a un PSOE que en vez de crear emprego o destrúe, pois o alcalde despediu aos GES pola cabezonería, perdeu as axudas do Aprol Rural da Xunta para a contratación de persoal, ou que leva tres anos sen solicitar as axudas tamén do Goberno galego para contratar as brigadas de incendios?; credes, por tanto, que merece a pena…? Agora é o noso momento, non o deles”, afirmou.