GaliciaSempre quere que Lugo sexa unha cidade accesible a calquer cidadán; por iso, e pensando especialmente nas personas con diversidade funcional ou mobilidade reducida, a agrupación de Carmen González propón, de cara ás eleccións municipais, adecuar as prazas e rúas lucenses, mellorando os accesos peonís ao interior de murallas.
Así, a agrupación propón colocar unha rampa de acceso na chamada Porta Falsa, que dá acceso ao casco histórico á través da praza do Ferrol, como medida para salvar as escaleiras de subida.
Novo auditorio
Doutra banda, miembros da agrupación achegáronse hoxe ata a contorno da novo auditorio para reclamar á súa “inmediata” apertura. Carmen González fixo un chamamento a tódalas forzas políticas da cidade para acadar un consenso en canto ao nome que reciba esta infraestrutura cultural. GaliciaSempre considerou, esta mañá, que o mellora nome debería ser Xoán Montes, na honra deste músico senlleiro.
Neste senso, Galicia Sempre pide que, de xeito inmediato, se nomee xerente do auditorio, e se poña en marcha una programación axeitada de cara á vindeira temporada.
Ao mesmo tempo pide a creación dun grupo asesor, formado por persoeiros de recoñecida valía e solvencia cultural e intelectual da nosa cidade, a os que dende a Concellería de Cultura se lles escoitará para levar a cabo a vida e oferta cultural de Lugo.
Galicia Sempre quere una programación cultural que se axeite a mocidade, a xente adulta e os anciáns do noso concello.
Mai 19, 2019 - 05:14 PM
Xa iva sendo hora. Xa tardaron en facela. Non pensan nos d mais. E vergonzoso
Mai 19, 2019 - 11:47 AM
Tendo en conta que é unha das portas orixinais, e que está moi preto doutras dúas portas totalmente accesibles, creo que é un pouco innecesaria esta intervención
Mai 18, 2019 - 08:50 PM
Muy buena idea.
Mai 18, 2019 - 08:14 PM
No,!!!!
Mai 18, 2019 - 08:08 PM
Biba el Hormigón!