Arroxo promete chamar a Feijóo para desbloquear proxectos pendentes con Lugo

Rubén Arroxo, candidato á alcaldía do BNG por Lugo, sinalou que “durante este mandato un dos grandes lastres para o concello de Lugo foi o castigo da Xunta, gobernada polo PP, e a falta de xestión do equipo de Lara Méndez que non foi capaz de poñer dacordo a Xunta e Concello para desatascar temas que levan anos pendentes”. Arroxo referiuse ao avance na rehabilitación da Tinería, ao Plan Paradai, ao Cuartel de San Fernando ou á apertura da novo Auditorio como “asuntos que non se levan adiante por falta de acordo político” .

“Se as veciñas e veciños de Lugo deciden que sexa alcalde a primeira chamada que farei será a Feijoo para desbloquear os proxectos que a Xunta ten pendentes con Lugo” afirmou Rubén Arroxo que se amosou convencido de que “con dialogo, argumentos e gañas de solucionar as cousas, dende a alcaldía, esixirémoslle ao presidente da Xunta os acordos necesarios para dar solución definitiva aos asuntos que están pendentes en Lugo”.

Rubén Arroxo lembrou como a intervención do BNG foi “fundamental” para que a Xunta non puxese á venta os baixos da Tinería “que son patrimonio público” e grazas á vixiancia do BNG “tanto Lara Méndez como o goberno da Xunta tiveron que chegar a un acordo para darlles a eses inmobles un uso que vai beneficiar á recuperación do barrio”. Arroxo e integrantes da candidatura visitaron o entorno do barrio da Tinería e apuntaron ao Pazo de Dona Urraca como dos edificios emblemáticos que se atopan abandonados. 

Novas relacionadas

  1. Astrocita Protoplásmica
    Mai 19, 2019 - 04:59 PM

    Como se postulan de concelleiros de Lara !!!

    Reply
  2. Miguel Angel Ferreiro Vazquez
    Mai 18, 2019 - 09:09 PM

    ¡¡Vaia por Deus!! ¿¿Pero vos non estaba des apoiando a Lara Mendez, neste gobernó?? ¡!¡ Non o teño moi claro!!! “Ou arre ou xo”

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com