Cidadáns Sarria márcase como obxectivo prioritario para a próxima lexislatura a execución dun plan integral de apoio ao comercio local.
“O noso comercio vive momentos de incerteza e cambios e debe atopar na diferenciación, especialización e trato personalizado o lugar que lle corresponde na economía local”, indicou o candidato de Cs á alcaldía de Sarria, Luís Álvarez Rey.
Tamén impulsará un plan de apoio ás nosas empresas, autónomos e comercio local e promover o consumo de produtos locais entre os nosos veciños.“Imos mellorar a visibilidade dixital na hostalería. Dos 62 establecementos existentes no noso municipio, o 82 % carece de páxina web”.
Sarria ten unha elevada taxa de paro, superior ao 18 %, cun 55 % de desemprego feminino e un 64 % de paro feminino no sector servizos, o de maior relevancia en emprego, polo que executaremos un plan específico de apoio ao emprego feminino.