Xosé Manuel Carballo homenaxeado no libro “CERNA DE CARBALLO”

Ven de publicarse o libro CERNA DE CARBALLO, en homenaxe ao crego, ilusionista, profesor e escritor Xosé Manuel Carballo Ferreiro, no que participan duascentas persoas a través de 162 colaboracións, proporcionado unha ben variada visión da vida e obra deste crego singular, con parroquias na comarca de Castro de Rei, incluída a capital do concello e a súa parroquia natal, Goberno, e con actividade que ten repercutido e repercute en toda Galicia.

No libro participan escritores, xornalistas, profesores, debuxantes, magos, antigos compañeiros, cregos, fregueses, veciños e sobre todo amigas e amigos que expresan admiración e agarimo pola persoa e pola súa dedicación aos demais a traveso das súas múltiples facetas vocacionais, artísticas e persoais, que se teñen manifestado en actividades que van desde a catequese ata a maxia, pasando polo ensino, a escrita, programas de televisión e radio, conferencias e un sen fin de actividades nas que –atendendo a todo o que afecta ao ser humano- queda sempre moi patente o seu papel de crego ao servizo de todos, especialmente dos máis necesitados. Esta publicación, coordinada por Xulio Xiz, está editada pola Asociación cultural XERMOLOS e a IRMANDADE MANUEL MARÍA DA TERRA CHÁ

O libro, ao prezo de 15 euros, vense de poñer á venda este luns en: Lugo – GALERÍA SARGADELOS, Castro de Rei – LIBRERÍA AMADITA e SUPERCLAUDIO GRUEIRA, Vilalba –LIBRERÍA SEGREL e LIBRERÍA PERGAMINO, Castro Ribeiras de Lea – AMORIN e en Muimenta venderase na MOEXMU e tamén en DESEXOS.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com