A Xunta aproba 12 millóns de euros para construír o CIS da Residencia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe un avance para as infraestruturas sanitarias en Lugo aprobado esta mañá no Consello da Xunta. Así, o titular do Executivo autonómico destacou que a Xunta habilitou hoxe o crédito necesario para licitar as obras do Centro Integral de Saúde no Barrio da Residencia por importe de 12 millóns de euros.

Feijóo explicou que se construirá rehabilitando o Hospital Materno Infantil, hoxe en desuso, un edifico protexido polo que, subliñou, o obxectivo é respectar a edificación orixinal e limpar os volumes engadidos. O presidente do Goberno galego detallou que este primeiro Centro Integral de Saúde de Galicia contará con máis de 8.000 metros cadrados –dos cales máis de 5.300 serán útiles— repartidos en 6 plantas e disporá de varios servizos: o centro de saúde, o PAC/Urxencias, saúde mental e unha base para o 061.

Tamén sinalou que a licitación está prevista para o mes de xuño e terá un prazo de execución de 20 meses. Feijóo destacou que no Barrio da Residencia xa se está demolendo o antigo Hospital Xeral onde se emprazará o centro sociosanitario para maiores e dependentes, unha nova oficina de emprego e formación e un centro de emprendemento aeronáutico. “Seguimos co calendario e co compromiso no Barrio da Residencia en Lugo”, sentenciou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com