Balseiro: “Hoxe ninguén discute que as obras importantes en Lugo fainas a Xunta”

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, pasou onte polos estudos de XornaldeLugoTV para analizar a realidade provincial e local de cara aos vindeiros comicios.

Balseiro aclarou ante as cámaras, os pasos que quedan para a construcción do novo Centro Integral de Saúde do Barrio da Residencia, e todos os servizos que alí irán. Asemade, non dubidou en afirmar que “hoxe ninguén discute que as obras importantes da cidade de Lugo fainas a Xunta de Galicia”, lembrando con isto, a Residencia, o Auditorio, o IES Lucus Augusti ou o CEIP do Sagrado Corazón. E é que o delegado asegurou que o Concello frea estas obras retrasando a concesión de licenzas.

“No auditorio, de momento, o Concello de Lugo non invertiu nin un só euro; os terreos eran da Xunta, a Xunta invertiu 22M€ nese auditorio, e agora, a Xunta temos que seguir adiantando cartos ao Concello de Lugo para abrir esta infraestrutura”, lamentou o delegado territorial da Xunta.

Para escoitar a entrevista ao completo, os nosos lectores poden acceder á nosa canle de Youtube.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Mario Sanfiz
    Mai 24, 2019 - 04:36 AM

    Lo que dice sólo se lo cree él mismo. ¡Y menos mal! 😂

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com