Santos Ramos: “Non aspiro a presidir a Deputación de Lugo”

O actual voceiro da Deputación de Lugo e Secretario Xeral do PSOE na provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, aclarou nunha entrevista en directo para XornaldeLugoTV, as súas intencións de cara a entrar a formar parte do goberno provincial. O socialista, que se presenta de número 2 nas listas ao Concello de Lugo, ten claro que “non aspiro a presidir a Deputación; o candidato á presidencia da Deputación de Lugo polo PSOE para estas eleccións municipais, é, sen ningún tipo de dúbida nin fisura, Darío Campos Conde”.

Na análise feita por Santos Ramos da realidade provincial, asegurou que, a que remata, é unha “lexislatura anómala, irregular e inesperada pero que non se vai repetir”, primeiro, dixo, porque a corporación estará composta por BNG, PP e PSOE, “un partido socialista dende o que estamos traballando con moitísima mesura e prudencia” para reforzar o “noso posicionamento na corporación provincial” co fin de ter menos dependencia de acordos para poder gobernar.

Para ver esta análise de Santos Ramos, poden entrar na nosa canle de Youtube, onde está a entrevista ao completo.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Miguel Angel Ferreiro Vazquez
    Mai 25, 2019 - 11:04 PM

    Tempo o tempo??? Tampouco a Lara aspiraba a alcaldía e ahí está.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com