As entradas para o Harpastvm e o Circvs, á venda dende o xoves

O Concello de Lugo poñerá este xoves á venda as entradas para o Harpastvm e Circvs Romano, no marco do Arde Lvcvs, cun prezo de 3 euros e ata un máximo de dez por persoa. Nos dous casos poderanse adquirir a través da web www.entradaslugo.es ou ben na Oficina Municipal de Turismo, na Praza do Campo.

Ambos os dous eventos serán na explanada do Pavillón Municipal, o primeiro deles o venres, 14 de xuño, ás 21:00 horas, a cargo das asociacións de recreación histórica Caetra Lucensium, Mercenarios Galaicos e Guardia Pretoriana; o segundo o sábado, 15 de xuño, a partir das 18:00 horas. Máis información na web oficial destes festexos  www.ardelucus.com

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com