A Deputación reforza a labor dunha vintena de colectivos que axudan a 3.500 familias

O Presidente en funcións da Deputación, Darío Campos Conde, informou esta mañá que o organismo que preside reforza a labor social da provincia colaborando cunha vintena de entidades que ofrece atención profesional a uns 3.500 veciños. Así o avanzou logo de manter un encontro con representantes de distintos colectivos sociais no que asinaron senllos convenios de colaboración por un valor total de 214.000 euros cos que financiar distintos proxectos sociais na provincia.

Campos Conde explicou que “con estas axudas contribuímos á actividade que estes colectivos desenvolven ao longo do noso territorio, ofrecendo atención profesional a milleiros de veciños e chegando onde as administracións públicas coas competencias non chegan. Dende a Deputación, iniciamos hai 4 anos un camiño que non ten volta atrás, o de reforzar o conxunto do tecido asociativo lucense no seu conxunto pois é de xustiza”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com