O Complexo Xerontolóxico A Veiga, en Láncara, acollerá os vindeiros 21 e 22 de xuño o curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela titulado Retos de atención aos síntomas psicolóxicos e conductuais nas demencias. O curso centraráse no coidado e atención ás persoas con demencias, síntomas coa apatía, a axitación ou a agresividade e como estas sintomatoloxías afectan directamente á calidade de vida de pacientes e persoas coidadoras, e son un dos aspectos máis relevantes na organización do traballo dos centros xerontolóxicos.
Este curso busca ser un lugar de encontro para profesionais e estudantes do eido da xerontoloxía, que se reunirán en Láncara durante dous días para intentar mellorar e actualizar a abordaxe destes síntomas. A matrícula está aberta ata o 7 de xuño, e pódese facer a través da dirección www.us.es/cultura/veran. Nesa dirección tamén poden as persoas interesadas ampliar información, ou no correo cursosdeveran@usc.gal
O curso conta co financiamento da Vicerectoría de Coordinación do Campus de Lugo e a Rede Galega de Investigación en Demencias, e a colaboración da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, e está recoñecido por un crédito ECTS para os estudantes de grao da USC.