A Xunta pide afondar na coeducación para introducir perspectiva de xénero nas dinámicas educativas

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, acompañada polo delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, inaugurou onte as XV Xornadas de Nais e Pais, educar en igualdade: Coeducación e prevención da violencia de xénero desde as familias. López Abella destacou certos estudos realizados nos últimos anos por institutos de investigación dependentes das administracións públicas que veñen a poñer de manifesto que as relacións entre rapazas e rapaces seguen a ser asimétricas, detectándose numerosas situacións de violencia. Por elo subliñou que as administracións deben poñer en funcionamento todos os recursos preventivos posibles, e o primeiro pasa por unha educación en igualdade e libre de prexuízos e estereotipos de xénero.

Estas xornadas, que se estenderan por toda Galicia, teñen como obxectivo a concienciación da importancia do ensino cunha visión do mundo e da sociedade libre de prexuízos e estereotipos. A persistencia de determinados roles, estereotipos e actitudes sexistas aínda presentes na sociedade, para a secretaria xeral de Igualdade, perpetúan as desigualdades, polo que se considera preciso abordar un cambio máis profundo dos nosos valores e ideas.

Por elo, dende a Xunta reafirmase no seu empeño de eliminar todo tipo de mentalidade sexista baseada no dominio e a submisión, mentalidade presente nalgúns rapazas e rapaces.

Dende o Goberno da Xunta de Galicia considerase que para acadar a absoluta igualdade é imprescindible abordar de maneira prioritaria as actuacións dirixidas a consolidar un sistema educativo comprometido coa igualdade de oportunidades para nenas e nenos, sen estereotipos de xénero, baseado na educación en valores e no respecto. Por elo, o Goberno galego elaborou en 2016 o I Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020 que sirve de referente a todos os centros educativos co fin de abordar a temática da coeducación e a prevención da violencia de xénero, dirixido a alumnado, profesorado e equipos de orientación.

Susana López Abella quixo lembrar que o 29 de maio publicouse a orde das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas con 300.000 € en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, para as asociacións de nais e país do alumnado de centros educativos de Galicia. De esta maneira, reafirmase que a Secretaría xeral da Igualdade considera prioritario que o alumnado dos centros educativos de Galicia e mais as súas familias e a Comunidade educativa teñan coñecementos e ferramentas para lograr a igualdade entre mulleres e homes e loitar contra a violencia de xénero.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com