José Tomé o reelixido Alcalde de Monforte ven de informar que está dispoñible para, se quere o partido, presidir a Deputación de Lugo. Estas declaracións causaron sorpresa tanto no PSdG de Lugo como na cidadanía en xeral, xa que hai uns días declaraba que non tiña intención de ser Presidente da Deputación. Pero non se sabe se, por indicación da dirección do PSdG, como se sabe Caballero mantén cos socialistas de Lugo unha relación tensa, ou por que cambiou de opinión, onte saltaba sorpresa e Darío Campos terá, como mínimo, un competidor. Pola información que puido recabar este xornal, Tomé conta cos apoios necesarios para ser elixido Deputado Provincial polo Partido Xudicial de Monforte, que é a antesala para poder presentar a súa candidatura á Presidencia da Deputación.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
Xuñ 02, 2019 - 04:00 PM
ah , o que dixo que non estaba en política polos cargos , senon para facilitarlle a vida a xente . Cousas veredes