Aberta a inscrición para a Mvrvs Lvcis, a carreira polo adarve que reta a romanos e castrexos

A Mvrvs Lvcis, que reta por terceiro ano nunha carreira polo adarve da Muralla a romanos e castrexos, ten xa aberta a súa inscrición. O límite de inscricións será de 200 persoas, 100 romanos e romanas e 100 castrexos e castrexas, e a idade mínima para participar é de 16 anos. Todas as persoas que desexen participar deben inscribirse, ata o 11 de xuño, a través da páxina web www.championchipnorte.com. O custo da inscrición é de 3 euros e inclúe vestimenta de caracterización, a elixir á hora da inscrición entre romano ou castrexo.

As prazas iranse esgotando por rigurosa orde de inscrición. Así mesmo, avituallamento líquido ao rematar a proba.
A proba deportiva do Arde Lvcvs celebrarse na segunda xornada do Arde Lvcvs, o 14 de xuño, a partir das doce da noite. Esta carreira nocturna constará dunha volta polo adarve da Muralla, correndo o grupo dos romanos e o dos castrexos en sentido contrario, é dicir, un grupo sairá cara a dereita e outro cara a esquedra, sentido que escollerá un representante do grupo romano e do grupo castrexo co xogo da moeda ao aire.

A recollida de dorsais e vestimenta realizarase no centro colaborador do evento Forus Lugo, na rúa Iglesias Otero, o mércores 12 de xuño, a partir das 16:00 horas, e o 13 e 14 de xuño en horario da apertura do centro. Haberá un gañador e unha gañadora absolutas en cada categoría (romana ou castrexa) e un equipo gañador, que resultará da suma dos 15 mellores tempos masculinos e 10 femininos de cada categoría.

A proba comezará e rematará na praza de Pío XII, onde todas as persoas participantes están convocadas ás 23:45 horas, para comezar a carreira 15 minutos máis tarde.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Lucia Barcelos
    Xuñ 03, 2019 - 10:55 PM

    Enterado.graciñas

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com