O deputado de En Marea, Davide Rodriguez, defendeu na Comisión 1ª a creación de novos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) para “completar a rede de emerxencias galega”.
Davide Rodriguez denunciou que co traslado do GES de Fonsagrada a Baleira unha serie de concellos da alta montaña lucense que quedan moi afastados da súa área de intervención. Por mor das distancias ou das condicións de acceso, non existen outros GES que poidan asumir estas competencias garantindo un tempo de intervención adecuado. Para acabar con esta situación, Davide Rodriguez revindicou a creación dun GES propio para a montaña lucense.
Tamén reclamou a creación de novos GES en Maceda, Allariz e A Veiga, tal e coma reclamaron estes concellos, ao non dispor dun parque de bombeiros próximo para dar cobertura a súa poboación.
Nesta liña, tamen demandou a creación dun GES propio para a localidade pontevedresa de O Grove, tal e como demandou o seu concello.
As funcións dos GES son variadas e fundamentais para os concellos implicados. No eido da loita contra o lume, interveñen nos incendios ademais de realizar labores preventivas mediante a xestión de faixas de biomasa en terreos municipais e abandonados, para impedir que estes se extendan.
Os GES tamén interveñen en casos de desastres naturais coma nevadas, temporais, sismos ou derrubes, así coma na retirada de obxectos perigosos para a circulación da rede de estradas. Ademais, realizan labores de control de pragas coma a vespa velutina, mediante a retirada e control dos niños.
Xuñ 04, 2019 - 06:54 PM
David Manzaneda o tema dos GES ten tela…….estan po que non deberian estar……….e gastando fondos publicos con man de obra barata……